Acto de clausura das actividades do ano 2016, con entrega de distincións a diversas personalidades e actuación musical
O próximo 15 de decembro, ás 19:00 horas, a Delegación da Xunta/Casa de Galicia en Madrid celebrará o Acto Solemne de Cierre de Actividades do ano 2016, que foi especialmente abundante tanto en número de eventos como na relevancia destes.
O acto estará presidido pola Excma. Sra. Dª Pilar Rojo Noguera, presidenta da Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso do Deputados e por D. Alfonso Rueda Valenzuela, vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.
No transcurso deste efectuarase entrega de Diplomas a diversas personalidades, ás cales se lle recoñecen os seus valores profesionais e humanos, así como a súa colaboración e apoio a esta Institución.
No acto lerase un breve currículum de cada homenaxeado.
O acto de finalizará cunha breve actuación musical da violinista Nuria Naya.