ACTO DE CLAUSURA DAS ACTIVIDADES DO ANO, con entrega de distincións a diversas personalidades e actuación musical
A delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolle o Acto de clausura do programa de actividades do ano 2012, no que o delegado e director, José Ramón Ónega, fará entrega de distincións a diversas personalidades que colaboraron activamente con esta Institución. O acto pecharase coa actuación musical da prestixiosa violinista húngara, Andrea Szamek.
O vindeiro día 18 de decembro, ás 19:00 horas, a delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia celebrrá o Acto solemne de peche do ano 2012, que foi especialmente abondoso tanto en número de actividades como na relevancia destas.
No transcurso do acto efectuarase a entrega de Diplomas a diversas personalidades, onde se recoñecen os valores profesionais e humanos así como a colaboración e apoio recibido a esta Institución. Ese ano reciben a distinción: Darío Villanueva Prieto, secretario da Real Academia Española; Manuel Seixas Calviño, empresario; Antonio Fernández de Buján y Fernández, catedrático de Dereito Romano e Premio "Castelao 2011"; Mariluz Barreiros Ramos, presidenta da Fundación Eduardo Barreiros; Juan González-Cebrián y Tello, diplomático e director de Relaciones con los Medios de Comunicación da Casa de Su Majestad el Rey; Álvaro Rodríguez Bereijo, expresidente do Tribunal Constitucional; José María Álvarez del Manzano, exalcalde de Madrid e presidente de IFEMA; José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín; Manuel Jesús García Garrido, catedrático de Dereito Romano e exrector da Universidade de Santiago de Compostela e da UNED; Francisco Cal Pardo, enxeñeiro industrial e presidente de Tecniberia; Fernando Ónega López, periodista; Ángel Currás Fernández, alcalde de Santiago de Compostela; e Jesús Souto Prieto, maxistrado do Tribunal Supremo.
No acto lerase un breve currículo de cada homenaxeado.
O acto finalizará coa actuación dun grupo de gaiteiros e a interpretación musical da violinista húngara, Andrea Szamek.