19/05/2016
Acto de entrega en depósito do arquivo de Ramón Baltar Feijoo e Ernesto Baltar Santaló á Fundación Rosalía de Castro
-
Un fondo documental, en gran parte epistolario, que conta cun gran valor simbólico, especialmente para o estudo do remate do Rexurdimento literario galego e dos comezos do século XX.
O acto contará coa participación dos irmáns María Dolores, Jacobo e Ernesto Baltar García-Peñuela; do conselleiro de Cultura, Educación e O.U. da Xunta de Galicia, Román Rodríguez González; do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira Viturro; e do alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira.
19 Mayo 2016
Eventos