Acto de nomeamento como Membro de Honra de IURISGAMA ao Excmo. Sr. D. PASCUAL SALA SÁNCHEZ, Presidente do Tribunal Constitucional
O galardoado recibirá de mans do Presidente da Asociacíón de Juristas Gallegos en Madrid, o Prof. Dr. D. Carlos Lema Devesa, a placa que o acredita como Membro de Honra. Esta distinción outórgase a aquelas ilustres personalidades que ocupan altos cargos no mundo do Dereito.
PASCUAL SALA SÁNCHEZ (Valencia, 1935) licenciouse en Dereito pola Universidade de Valencia e ingresou na carreira xudicial en 1963 como número 1 da súa promoción. Como xuíz, estivo destinado en Albaida e Requena. Maxistrado do Contencioso-Administrativo estivo destinado nas Audiencias Territoriais de Santa Cruz de Tenerife, Albacete e Valencia.
En 1982 foi elixido polas Cortes conselleiro do Tribunal de Contas e en 1986 pasou a ser maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo. En 1988 foi elixido Presidente do Tribunal de Contas.
En 1990 foi elixido polos conselleiros do CGPJ Presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Judicial. Cesou no cargo en xullo de 1996. Tralo seu cesamento, pasou a formar parte da Sala Terceira do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo, ata abril de 2004 en que o Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial o elixiu maxistrado do Tribunal Constitucional.
Pouco despois, o 9 de xuño tomou posesión como maxistrado do Tribunal Constitucional. En xaneiro de 2011 foi elixido Presidente do Tribunal Constitucional.
Pascual Sala foi membro fundador de Justicia Democrática, movemento opositor ao franquismo desde o mundo do Dereito, que arroupou, consolou e defendeu a moitas persoas.
Foi galardoado coa Cruz distinguida de Primeira clase de San Raimundo de Peñafort (1982), coa Medalla da Orden do Mérito Constitucional (1995) e da Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort (1996).
De entre as súas publicacións destacan: "Derecho de la edificación" (2001), "Derecho procesal administrativo" (2001) e "Jurisdicción y competencia en el proceso contencioso-administrativo: problemas de delimitación competencial en la nueva Ley Reguladora de la Jurisdicción Contencioso-administrativa" (2001).