Actuación da CORAL POLIFÓNICA "FOLLAS NOVAS", de A Coruña

Eventos
06/23/2014
06/23/2014
23/06/2014

Actuación da CORAL POLIFÓNICA "FOLLAS NOVAS", de A Coruña

-

No seu repertorio, constituído por obras de distintos compositores baseadas nos poemas rosalianos, inclúense tamén obras de moi diversos autores rexionais, nacionais e estranxeiros, estreando gran número delas, e incorporando aos seus programas de concerto algunhas xa esquecidas no seu labor de investigación da música coral de todas as épocas.

A Coral Polifónica "Follas Novas", continuadora da Sociedade Coral e Recreativa Follas Novas (1930), foi fundada en 1945. Realizou gravacións discográficas, actuado repetidas veces nas televisións de Portugal, España e Galicia, feito xiras de concertos por numerosas cidades de Francia, Portugal e España, e participado nos máis pretixiosos encontros e ciclos de música coral.

Estiveron ao seu cargo as estreas mundiais da cantata Nova Galicia, de Rogelio Groba e Groba; as Seis canciones gallegas, de Eduardo Rodríguez Losada; e a Misa Gallega, de Rogelio Leonardo de Bouza.

Nos últimos anos interpretou o Réquiem de Gabriel Fauré, a homenaxe a Rosalía de Castro Penso que por mín chamades; a reestrea de A Espadela Tres Estampas Galegas, de Mauricio Farto e Leandro Carré Alvarellos; e a posta en escea da zarzuela La Revoltosa.

Actualmente, está baixo a dirección do Mestre D. Fernando Vázquez Arias.

PROGRAMA

1ª Parte

SUITE GALLEGA. Arranxos de Fernando V. Arias.

Fragmentos das obras Negra Sombra (Xoan Montes), Anduriña (Juan e Junior), Teño saudade (Andrés Dobarro), Lela (Dulce Pontes), Alercrín (Pilocha), Pomba dourada, Miña terra galega y Miudiño.

2ª Parte

Actuación de piano e violín a cargo de Anna Mirzoyan e Diana Poghosyan (de 16 años)

Habanera, de Ernesto Halftter; e Carmen Fantasy, de Pablo Sarasate.

3ª Parte

Follas Novas, de Fernando V. Arias; Cantares, de J.M. Serrat; e Voy en busca del olvido, de José L. Rivera.

SUITE LATINA. Arranxos de Fernando V. Arias.

Fragmentos das obras Solamente una vez (Agustín Lara), Sombras nada más (Francisco Lomuto), El reloj (Los Panchos), Cuando vuelva a tu lado (María Grever), Noche de ronda (Agustín Lara), Bésame mucho (Consuelo Velázquez), e La golondrina.

23 Junio 2014
Eventos
Imaxes