Actuación musical do Grupo de música tradicional contemporánea, TALABARTE

Eventos
02/16/2012
02/16/2012
16/02/2012

Actuación musical do Grupo de música tradicional contemporánea, TALABARTE

-

O xoves, 16 de febreiro, ás 19:00 horas, o Grupo de música tradicional contemporánea, TALABARTE, formado por Quim Farinha, violín; Pedro Pascual, acordeón diatónico; e Kin García, contrabaixo, ofrecerá unha actuación do seu repertorio musical.

TALABARTE é un novo concepto de formación en Galicia, estrictamente acústico, e baseado na música tradicional contemporánea.

Neste proxecto únense tres músicos veteranos e indispensables dentro da escena musical galega: o violín de Quim Farinha (Berrogüetto), o acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful) e o contrabaixo de Kin García (Susana Seivane).

A través da súa música propoñen unha viaxe ás músicas populares de Galicia e outras latitudes.

O seu repertorio complétase con composicións propias, todo aliñado con diferentes enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz e do folk, pasando polo tango, ata a tradición musical máis europea.

Contemporaneidade e tradición xuntas nun concerto diferente. O seu primeiro álbum homónimo, publicado en 2011, é un traballo que respira frescura, de factura impecable, cheo de matices e de arranxos imaxinativos.

O conxunto aporta un novo son que os diferencia e os identifica, o son propio de Talabarte no que destaca o virtuosismo dos músicos e a elegancia musical.

Se queres ver unha actuación musical do grupo Talabarte, pincha aquí.

16 Febrero 2012
Eventos