Celebración do DÍA DE GALICIA

Eventos
07/16/2013
07/16/2013
16/07/2013

Celebración do DÍA DE GALICIA

-

Con este acto, a Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia pretende solemnizar institucionalmente a festa do Apóstolo Santiago na nosa Comunidade Autónoma.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia celebra o día 16 de xullo ás 19:30 horas O DÍA DE GALICIA EN MADRID, que conmemora institucionalmente a festividade de Santiago Apóstolo, o día 25 de xullo, na nosa Comunidade Autónoma.

O acto terá carácter institucional e, ao mesmo tempo, lúdico.

O acto será presidido polo vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Don Alfonso Rueda Valenzuela.

Tras o Discurso de apertura por parte do Delegado da Xunta en Madrid/Director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, farase entrega de Diplomas a diversas personalidades pola súa destacada traxectoria profesional e humana e que demostraron especial afecto a Galicia e implicación, en particular, con esta Casa.

Os asistentes serán recibidos por un grupo de gaiteiros do Centro Galego de Madrid.

A actuación musical do Dúo Qitayes, formado por Víctor Landeira, guitarra; e Rocío Campos, clarinete; amenizarán o acto ofrecendo varias pezas do seu repertorio.

A celebración do Día de Galicia en Madrid finalizará coa interpretación do Himno galego e a degustación dun viño da terra.

16 Julio 2013
Eventos
Imaxes