CELEBRACIÓN DO DÍA DE GALICIA 2015

Eventos
07/13/2015
07/13/2015
13/07/2015

CELEBRACIÓN DO DÍA DE GALICIA 2015

-

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia celebra o día 13 de xullo ás 19:30 horas O DÍA DE GALICIA EN MADRID, que conmemora institucionalmente a festividade de Santiago Apóstolo, o 25 de xullo, na nosa Comunidade Autónoma.

Presidirá o acto a Excma. Sra. Dª Ana María Pastor Julián, ministra de Fomento do Goberno de España, acompañada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Tras o Discurso de apertura por parte do Delegado da Xunta en Madrid/Director da Casa de Galicia, D. José Ramón Ónega López, farase entrega de Diplomas a altas personalidades da Administración, do campo da Universidade, a Xustiza, a Prensa, e outros ámbitos, pola súa destacada traxectoria política e profesional e polo seu afecto e implicación coa Casa de Galicia en Madrid.

A continuación, a prestixiosa arpista madrileña, Elena Áker, que ten no seu haber numerosos concertos con destacadas orquestas sinfónicas, ofrecerá unha breve actuación musical.

O acto finalizará coa interpretación do Himno Galego.

13 Julio 2015
Eventos
Imaxes