Celebración do "DÍA DE GALICIA EN MADRID"

Eventos
07/13/2017
07/13/2017
13/07/2017

Celebración do "DÍA DE GALICIA EN MADRID"

-

Con este acto, a Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia pretende solemnizar institucionalmente a festa do Apóstolo Santiago na nosa Comunidade Autónoma.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia celebra o día 13 de xullo ás 19:30 horas O DÍA DE GALICIA EN MADRID, que conmemora institucionalmente a festividade de Santiago Apóstolo, o día 25 de xullo, na nosa Comunidade Autónoma.

O acto, que terá carácter institucional e, ao mesmo tempo, lúdico, será presidido pola Excma. Sra. presidenta do Congreso dos Deputados, Dª Ana Pastor Julián; o Exmo. Sr. presidente do Consello de Estado, D. José Manuel Romay Beccaría; o Excmo. Sr. director da Real Academia Española, D. Darío Villanueva Prieto, e o vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza, D. Alfonso Rueda Valenzuela.

Os asistentes serán recibidos por un grupo de gaiteiros.

Tras o Discurso de apertura por parte do Delegado da Xunta en Madrid/Director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, farase entrega de Diplomas a diversas personalidades pola súa destacada traxectoria profesional e humana e que demostraron especial afecto a Galicia e implicación, en particular, con esta Casa.

Nesta ocasión recibirán a distinción: Jaime Eduardo de Olano Vela, deputado por Lugo; Irene Garrido Valenzuela, secretaria de Estado de Economía e Apoio á Empresa do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade; Juan José Laborda Martín, ex presidente do Senado; Roberta Lajous Vargas, embaixadora de México en España; Lara Méndez López, alcaldesa de Lugo; Lucía Méndez Prada, xornalista; José Luis Rodríguez García, presidente e director xeral Nueva Economía Fórum; Mª José Sánchez Andrade, avogada do Estado; e Antonio Vázquez Guillén, avogado e ex deputado.

A actuación musical correrá a cargo da cantante e compositora, María García Hidalgo.

A celebración do Día de Galicia en Madrid finalizará coa interpretación do Himno galego e a degustación dun viño da terra.

13 Julio 2017
Eventos
Imaxes