Ciclo clases-conferencias: "OBRAS MESTRAS DA PINTURA DO S. XV AO S. XX", por Diego Diz, profesor de arte

Eventos
09/23/2015
09/23/2015
23/09/2015

Ciclo clases-conferencias: "OBRAS MESTRAS DA PINTURA DO S. XV AO S. XX", por Diego Diz, profesor de arte

-

Quinta sesión: "VISIÓNS DA CIDADE" (Canaletto: "Vista de Venecia" (1723), Pissarro: "Mañana de invierno en el boulevard Montmartre" (1897), George Grosz: "Suicidio en una calle" (1916)

O máis destacado representante do xénero de paisaxes urbanas na Venecia do século XVIII é, sen dúbida, Canaletto. Estas vistas ou vedute, que nos mostran grandes perspectivas da cidade ou dos seus arredores captadas co rigor dun topógrafo, foron pezas cotizadas polos viaxeiros e amantes das artes. O seu característico estilo de vedutista naturalista caracterízase por plasmar no cadro con toda fidelidade o visto polos ollos ou o corrixido pola intelixencia con afán de "fotografar" a realidade.

Pisarro é considerado como un dos impresionistas puros, interesado unicamente por facer estudos da cor e da luz, sen facer concesións temáticas nin achegas ao campo da composición ou a perspectiva. A representación dos edificios faia con moito realismo e detalle predominando en todo momento a pincelada de cor sobre o debuxo. Na pincelada rápida e de pequenos toques empastados demostrou o autor a súa gran mestría, xerando con ela unha sensación de frenesí no movemento do xentío, moi conseguido e de gran realismo.

Pisarro presenta nesta escena o Boulevard Montmartre nunha fría mañá de inverno na que o sol tenta saír para quentar a transeúntes e casas. O aire difumina os contornos dos edificios, sen perder o debuxo, aínda que predominan os toques rápidos de cor escura abundando os marróns, verdes e sienas do inverno. A sensación de perspectiva é destacada, eliminando as referencias do fondo con manchas grisáceas. A diagonal que organiza a composición serve para acentuar esa perspectiva.

Por último, as obras do pintor expresionista George Grosz son xeralmente moi desagradables. Aos vinte e un anos o exército alemán recrutouno como voluntario forzoso para loitar na Primeira Guerra Mundial. A experiencia foi tan traumática que, cando conseguiu que lle desen a baixa por motivos médicos, uns meses máis tarde, pasouse o resto da súa carreira artística pintando imaxes antibelicistas. Os personaxes dos seus cadros sempre son os mesmos: militares, borrachos, prostitutas, ricachóns, mutilados de guerra e membros da igrexa. Son obras mordaces, unha sátira cruel e salvaxe das consecuencias da guerra e a corrupción da sociedade. 

23 Septiembre 2015
Eventos
Imaxes