Ciclo de conferencias "AO REDOR DE CASTELAO", organizado en colaboración coa Fundación Castelao

Eventos
05/24/2016
05/24/2016
24/05/2016

Ciclo de conferencias "AO REDOR DE CASTELAO", organizado en colaboración coa Fundación Castelao

-

Conferencia de Miguel Anxo Seixas Seoane, licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela: "A MANIFESTACIÓN ARTÍSTICA EN CASTELAO".

Este ciclo de conferencias ten como propósito estimular e favorecer a cultura galega e, en especial, pretende achegarnos dun xeito multidisciplinar á figura polifacética de Castelao; a súa perspectiva vista desde a actualidade sobre os temas sobranceiros do seu facer: o seu pensamento económico, político os debuxos de nenos ou o mundo da muller.

MIGUEL ANXO SEIXAS SEOANE nacido en Arzúa en 1960. É licenciado en Historia de Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (1979-84).

Foi redactor e guionista da Televisión de Galicia, e actualmente é coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.

É vicepresidente e secretario da Fundación Castelao.

É escritor e autor das seguintes obras sobre a figura de Castelao: Castelao, cronoloxía (dentro do catálogo Castelao, exposición 50 aniversario); Castelao pintor, 2006, Galaxia; Castelao, humorista gráfico, o risco dos riscos, dentro da publicación Xornalistas con opinión II-20 biografías (Galaxia, 2010); A arte gráfica de Castelao, de 1936 a 1946; a solidariedade e a soidade, dentro de Castelao: a derradeira lección do mestre (Deputación de Lugo, 2010).

24 Mayo 2016
Eventos
Imaxes