Ciclo de conferencias "AO REDOR DE CASTELAO", organizado en colaboración coa Fundación Castelao

Eventos
05/23/2016
05/23/2016
23/05/2016

Ciclo de conferencias "AO REDOR DE CASTELAO", organizado en colaboración coa Fundación Castelao

-

Conferencia de Xesús Palmou Lorenzo, avogado, expresidente do Consello de  Contas de Galicia: "O PENSAMENTO ECONÓMICO-SOCIAL DE CASTELAO".

Este ciclo de conferencias ten como propósito estimular e favorecer a cultura galega e, en especial, pretende achegarnos dun xeito multidisciplinar á figura polifacética de Castelao; a súa perspectiva vista desde a actualidade sobre os temas sobranceiros do seu facer: o seu pensamento económico, político os debuxos de nenos ou o mundo da muller.

 

JESÚS CARLOS PALMOU LORENZO. Naceu en Rodeiro (Pontevedra), 1949.

É Doutor en Dereito,  Diplomado en Dereito Civil Galego, pola Universidade da Coruña; Diplomado en Dereito Civil Galego, pola Universidade de Santiago de Compostela e Diplomado en Dereito Medioambiental, pola Escola Galega de Administración Pública. Experto en Economía pola Universidade de Alcalá de Henares.

Foi presidente do Consello de Contas de Galicia, académico de honra da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e membro da Comisión Superior para o Estudo do Desenvolvemento do Dereito Civil Galego.

Avogado en posesión da Medalla de ouro ao mérito de Avogacía, concedida polo Consello Xeral da Avogacía Española e a Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort.

É membro desde 1999 da Comisión Superior de Dereito Civil de Galicia. 

É autor do libro Las aparcerías agrarias: su evolución hacia una relación laboral, e coautor de Movemento agrarista: un intento de rexeneración política e avance social e Fermín Bouza Brey, xuíz e galeguista. Tamén escribiu innumerables artigos relacionados co ámbito social, político e xurídico publicados en revistas e xornais.

Patrono da Fundación Castelao e outras Fundacións benéfico-sociais e culturais.

Destaca pola súa dilatada traxectoria no ámbito político durante 20 anos, como deputado do Parlamento Galego e conselleiro do Goberno galego.

23 Mayo 2016
Eventos
Imaxes