Ciclo de conferencias "Seminario JOSÉ ANTONIO CIMADEVILA COVELO DE ESTUDIOS JACOBEOS", organizado en colaboración coa Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid
Conferencia de D. Francisco Javier Martín Ramiro. Arquitecto. Subdirector Xeral de Arquitectura e Edificación do Ministerio de Fomento: "10 INTERVENCIÓNS DO PROGRAMA 1,5% CULTURAL" NO CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA".
José Antonio Cimadevila Covelo, nacido en Santiago de Compostela en 1919 e falecido en Madrid en 2001, foi o presidente-fundador desta Asociación en febrero de 1987, no seo do Centro Gallego de Madrid, que tamén presidía. Como galego e como madrileño difundiu por toda España e máis alá das nosas fronteiras as súas paixóns, que non eran outras que España, Galicia e o Camiño de Santiago.
A Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid, coa creación deste Seminario de Estudios Jacobeos que leva o seu nome, rende así humilde homenaxe á súa persoa.