Concerto acústico de URBANO CABRERA

Eventos
03/23/2015
03/23/2015
23/03/2015

Concerto acústico de URBANO CABRERA

-

O cantautor e compositor galego, Urbano Cabrera, con máis de 40 anos de traxectoria, ofrece un concerto acústico e intimista no que fará un repaso aos temas máis destacados da súa carreira musical, dende temas da súa discografía ata cancións novas do que será o seu vindeiro traballo discográfico. Durante a actuación, proxectarase o seu primeiro videoclip Ninguén escoitou, baixo a dirección do director cinematográfico Pablo Aragüés.

Urbano Cabrera (Baiona, 1951) é un cantautor autodidacta. As súas letras son unha mestura de cancións de amor, desamor e música reivindicativa. Recoñece influencias de Bob Dylan, Leonard Cohen, Van Morrisson, José Afonso ou Tom Waits.

Profundamente comprometido coa potenciación do idioma galego, o seu estilo musical móvese entre o blues, o rock e as baladas country. Aínda que, debido ao seu carácter aberto, experimentou con novos sons como o reggae, bossanova, jazz, folk, músicas africanas ou o swing, tal como quedou reflectido na súa discografía. As súas coidadas letras son unha mestura de cancións de temática social-reivindicativa, amor e desamor, propias da canción de autor.

Urbano Cabrera editou ao longo da súa carreira tres discos en total: Tarantela (1998), Segundo Andar (2000) e Penalba (2003). No segundo, contou coa colaboración do mítico grupo vigués Siniestro Total na parte instrumental e os arranxos. Así mesmo, O Maestro Reverendo colaborou no terceiro e último dos seus traballos ata agora editado.

En xaneiro de 2014 Urbano Cabrera graba o seu primerio videoclip, do tema Ninguén escoitou, baixo a dirección do director cinematográfico Pablo Aragüés (Road to Wacken, Vigilo el camino, Novatos…). O videoclip resultou finalista no festival Primavera do Cine de Vigo.

23 Marzo 2015
Eventos
Imaxes