Concerto de clausura das actividades do ano "QUINCE MÚSICAS UN MUNDO", do Grupo BATITAL

Eventos
12/15/2015
12/15/2015
15/12/2015

Concerto de clausura das actividades do ano "QUINCE MÚSICAS UN MUNDO", do Grupo BATITAL

-

A banda lucense ofrecerá un concerto didáctico no que interpretará unha selección de temas musicais procedentes de distintos países do mundo con letras en diferentes idiomas, conservando as raíces da música tradicional galega. 

Batital é un grupo que nace en 2007 da inquietude de sete afeccionados á música con experiencia musical en distintas agrupacións. Varias poden ser as definicións do estilo musical elixido. Quizais a frase máis acertada que define o traballo de Batital sexa a de "Sons do mundo”, por canto versionan e compoñen cancións de diferentes estilos musicais como a samba, o swing, a bossa-nova, o blues, a muiñeira, a zamba, o tango, a rumba e tantos outros, tendo como nexo de unión en todos os temas o toque xenuinamente galego a través das letras das cancións e os arranxos.

Varios foron os recoñecementos obtidos por Batital, entre os que destacan o Primeiro Premio no Certame de músicas emerxentes "NOVOSON" de Radio Galega, e o Primeiro Premio no Concurso A Coruña Son 10 organizado polo Concello da Coruña.

COMPOÑENTES: ELBA CANCIO: vocalista; PABLO VÁZQUEZ: coros, buzuki; YURI SILAR: acordeón; OMELIAN GRABETS: baixo eléctrico; FRAN MUINELO: mandolina; MARCO MENDOZA: percusión e vibráfono; PABLO EXPÓSITO: percusión tradicional; e ANDREI VOLODIN: guitarra española e eléctrica.

15 Diciembre 2015
Eventos