Concerto de gaita e piano "LUCES DO ATLÁNTICO", por Javier Celada Quintanilla, gaita, frauta de pico, whistles e ocarina; e Luis Celada Álvarez, piano
O acto celébrase co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao poeta, ensaísta e empresario pontevedrés, Valentín Paz Andrade (1898-1987).
PROGRAMA “LUCES DO ATLÁNTICO”
1ª PARTE
- Muiñeira de Freixido Tradicional
(gaita e piano) Arranxos: Javier Celada
- María Soliña Tradicional
(whistle e piano) Arranxos: Javier Celada
- A Maruxa Tradicional/Amadeo Vives
(frauta de pico, gaita e piano) Arranxos: Javier Celada
- Fantasía Popular Ernesto Campos
(gaita e piano)
- Balada
- Danza do Millo Novo
2ª PARTE
- Non te namores, meniña Tradicional
(whistle e piano) Arranxos: Javier Celada
- Negra Sombra Letra: Rosalía de Castro
(ocarina e piano) Música: Xoan Montes Capón
- Suite “Luces do Atlántico” (gaita e piano)
Amanecer en Fisterra
Cabo Home no Solpor
Danzas do Mar Silleiro
Ao longo de máis dun século de reivindicación para a dignificación da gaita e da figura do gaiteiro, na actualidade este instrumento está pasando por unha etapa de esplendor na que recuperou o respecto social e na que están garantidas tanto a súa ensinanza como a súa difusión.
Este concerto pretende contribuír a facilitar unha visión das posibles combinacións dun instrumento tradicional. Nesta oportunidade, a gaita en simbiose co piano, móstranos unha perfecta harmonía e introdúcenos de maneira consciente nas posibilidades que aínda nos quedan por descubrir e nos abren un camiño novo para a gaita contemporánea.
VALENTÍN PAZ ANDRADE (1898-1987). Estudou Bacherelato en Pontevedra. Posteriormente estudou Dereito en Santiago. Ao terminar os seus estudos dirixe o diario 'Galicia' no que tamén colaboran Castelao, Risco, Maside e Villar Ponte. En 1924 Valentín é condeado a un mes de cárcere polo carácter dos seus artigos. En 1931 foi candidato a deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes. Despois do alzamento militar contra a República é desterrado a Verín e a Serra de Queixa. Posteriormente é confinado a Villanueva de la Serena (Extremadura). En 1939 casou con Pilar Rodríguez de Prada. En 1942 empezou a dirixir a revista Industrias Pesqueras e en 1950 viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego. En 1964 foi nomeado membro da Real Academia Galega co discurso titulado “A Galeguidade na obra de Guimaraes Rosa”. Despois da morte de Franco, formou parte da 'Comisión de los 10' da oposición democrática (con Cañellas, Felipe González, Tierno Galván, etc). En 1977 foi elixido senador por Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega.
Obras realizadas:
Valentín Paz Andrade publicou numerosos artigos periodísticos. Como xurista mostrou a súa preocupación pola realidade socio-económica de Galicia en obras como “Pranto matricial”, “Galicia como tarea”, “Sementeira do vento”, “La marginación de Galicia”, “El capital como factor del desarrollo de Galicia”, “El sistema económico de la pesca en Galicia”, “Producción y fluctuación de las pesquerías”, “Los derechos sobre el espacio marítimo”. A súa personalidade polifacética levouno tamén a publicar algunhas obras de poesía como “Pranto matricial” (1954), “Sementeira do vento” (1968), “Cen chaves na sombra” (1979) e ensaios como “La Anunciación de Valle Inclán”(1967), “Transferencias etnológicas de Galicia en el Brasil Ulterior” (1976), e “A galecidade na obra de Guimaraes Rosa” (1978). Paz Andrade mostra tamén a súa preocupación política en obras como “O modelo federal para a constitución do Estado galego” e “Testimuñas e prespectivas de homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos” (1978). Ademais publicou a biografía máis importante que existe sobre Castelao titulada “Castelao na luz e na sombra” (1982).