Concerto de música ecléctica "COMPROMISCUO", por Vadzim Yukhnevich (baian e voz) e Abraham Cupeiro (karnyx, trompeta, clarinete baixo, cornetto, saxo soprano e voz)

Eventos
05/21/2015
05/21/2015
21/05/2015

Concerto de música ecléctica "COMPROMISCUO", por Vadzim Yukhnevich (baian e voz) e Abraham Cupeiro (karnyx, trompeta, clarinete baixo, cornetto, saxo soprano e voz)

-

O musicólogo e compositor galego Abraham Cupeiro e o acordeonista e vocalista bielorruso Vadzim Yukhnevich interpretarán melodías de diferentes épocas con instrumentos antigos pouco usuais que apenas se utilizan na música actual.

Dous músicos de procedencias distintas pero cunha mesma escola baseada no respecto e na inquietude cara á música.

Este concerto coincide coa publicación do seu primeiro CD, "Compromiscuo", apelativo co que o bautizou un xornalista pensando na mellor definición para explicar un tipo de música que emana de distintos estilos como jazz europeo ou americano, rapsodia ou música clásica ao que os dous intérpretes lle aportan o seu especial.

Trátase pois dunha viaxe musical a través de instrumentos pouco usuais como o Cornetto –que tivo o seu esplendor no século XVII e que se usa para facer unha versión do Oviblion de Piazzola-, ou unha Gaita Irlandesa coa que a formación realiza unha versión da Aria de la suite en Re de Bach. Pero sen dúbida o instrumento máis raro e que máis curiosidade desperta dos que utiliza Abraham é o karnyx, unha especie de xigantesca trompeta celta utilizada na época dos romanos que, aínda que sinxelo na súa mecánica, é moi versátil á hora de facer música con el e impresiona pola súa poderosa presenza e a súa sutil sonoridade.

Hai un electicismo desenfreado no seu repertorio e unha sorprendente riqueza tímbrica na súa música. Intentan buscar o compromiso entre o respecto ás músicas e instrumentos do pasado e as gañas de usalas e usalos á súa maneira, de forma surrealista ás veces, pero con gran solidez, creando un estilo propio.

21 Mayo 2015
Eventos
Imaxes