Concerto poético-musical "HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO", polo Grupo Coral ACCENTO.
Desde a súa creación no ano 2000, o Grupo Coral ACCENTO, dirixido por Aldo Cano e integrado por vinte persoas, ten como obxectivo fundacional a divulgación cultural, orientada á difusión do coñecemento da música polifónica en xeral e da española en particular.
O Grupo Coral ACCENTO ten, entre outras aspiracións, a versatilidade, a flexibilidade do seu repertorio e unha mirada ampla sen complexos aos diversos estilos e épocas, co fin de que o grupo se adestre na expresividade dos diversos xéneros corais.
O Grupo Coral ACCENTO mantén a formación clásica de catro voces mixtas a capella. Non obstante, interprétanse obras a un número distinto de voces (dunha a seis), en función das necesidades dos distintos repertorios.
Na actualidade, o coro está formado por 20 persoas.
O Grupo Coral ACCENTO deu unha especial atención á música española con especial énfase na vinculación entre músicas e textos, o que lle permitiu producir concertos sobre os cancioneiros españois do Renacemento e Barroco, autores españois de todos os tempos, etc. Non obstante esta vocación, tamén producíronse concertos de música internacional de distintas épocas e estilos varios.
O Grupo Coral ACCENTO ten como especial honra ser designado pola familia de José Hierro para actuar no enterro das cinzas do poeta en Santander.
Tamén é de destacar que o Grupo Coral, en colaboración coa Fundación Centro de Poesía José Hierro, foi o encargado en diversas ocasións dos actos celebrados no Día Mundial de Poesía, e participa desde 2009 na Semana Internacional de Música Sacra e Antiga de Xetafe.
Nesta liña de traballo, produciu e realizou concertos homenaxes a San Juan de la Cruz, José Hierro, Félix Lope de Vega, Francisco de Quevedo, así como a modalidade de concerto-conferencia sobre os xéneros literarios e musicais.
Durante 2011 centráronse nos concertos homenaxes a Luis de Góngora e Tomás Luis de Victoria, con especial relevancia na música polifónica española.
ROSALÍA DE CASTRO
PROGRAMA MUSICAL
1. Mía irmana fremosa Martín Códax
(Solo: Salomé Latonda Crespo)
2. Ondas do mar de Vigo Martín Códax
3. Campanas de Bastabales Ángel Barja
(Solo: Mara Rodríguez Fonteboa)
4. Cómo chove miudiño Aldo Cano
5. Negra sombra Juan Montes Capón
6. Adiós ríos, adiós fontes Aldo Cano
7. Airiños aires Aldo Cano
8. Unha noite nun moiño Popular/Arm. Aldo Cano
9. A Rosalía Texto: Curros Enríquez/Música: Aldo Cano
Percusión: Santiago Romero y Trini Bernabeu
Violín: Jorge Quereda Bernabeu
Dirección musical: Aldo Cano
PROGRAMA LITERARIO
1. Introdución Semblanza de Rosalía
Josefina Carrascón Garrido
2. Textos de Rosalía:
"Hoy o mañana, quién puede decir cuándo?..."
"Campanas de Bastabales "
Vaquedades
Con la pena a cuestas
"Yo no sé lo que busco eternamente "
"Dicen que no hablan las plantas "
Lecturas a cargo de:
Almudena García-Orea Álvarez
Paloma Moreno Solanas
Ramón Morales Valverde