Conferencia de Ángel Basanta, catedrático de Literatura Española e presidente da Asociación Española de Críticos Literarios: "JOSÉ MARÍA MERINO: TEORÍA E PRÁCTICA DO MICRORRELATO"

Eventos
12/04/2013
12/04/2013
04/12/2013

Conferencia de Ángel Basanta, catedrático de Literatura Española e presidente da Asociación Española de Críticos Literarios: "JOSÉ MARÍA MERINO: TEORÍA E PRÁCTICA DO MICRORRELATO"

-

Ángel Basanta dará a coñecer o xénero do microrrelato a partir dos escritos por José María Merino, un dos seus máis importantes creadores.

    Os minicontos brotan en todo o mundo. Son un redescubrimento que ensancha a literatura a través da experimentación. José María Merino é un dos mellores expoñentes desta arte que promete a máxima intensidade na mínima extensión. Pezas escorregadizas que basean o seu éxito no movemento.

 Ángel Basanta foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela, catedrático de Literatura Española no Instituto Rey Pastor de Madrid e profesor de Didáctica da Literatura no Instituto de Ciencias da Educación da Universidade Complutense de Madrid. Na actualidade é crítico literario do suplemento "El Cultural" do diario El Mundo. Deu conferencias sobre distintos temas literarios en toda España e en varias institucións culturais de Europa, Asia e América. Dirixiu, en colaboración con Francisco Marcos Marín, a "Historia de la Literatura Española" da Editorial Cincel (1980-1982). Dirixiu a "Biblioteca Básica de Literatura" da Editorial Anaya (1990-1993) e a "Nueva Biblioteca Didáctica Anaya (2000-2004).

     É autor de varios libros dedicados á historia da novela española, entre os que destacan: Cervantes y la creación de la novela moderna, Baroja y la novela en libertad, e La novela española de nuestra época. Tamén é autor de numerosos traballos críticos sobre novelistas españois dos séculos XX e XXI, como Gonzalo Torrente Ballester, Álvaro Cunqueiro, Virgilio Botella Pastor, Carlos Casares, Luis Mateo Díez, José María Merino, Juan José Millás, Luis Landero, Rafael Chirbes, Almudena Grandes e Andrés Neuman, entre outros.

     Tamén realizou edicións comentadas de obras importantes na historia literaria española como Lazarillo de Tormes, El Quijote, Rinconete y Cortadillo, El casamiento engañoso y Coloquio de los perros, El Buscón, El sombrero de tres picos… É autor da edición, estudo e notas do Quijote ilustrado por José Ramón Sánchez (Ed. Anaya). En galego editou o libro Carlos Reigosa. Paixón por saber e arte de contar (Ed. Xerais). E desde febreiro de 2010 é presidente da Asociación Española de Críticos Literarios.

04 Diciembre 2013
Eventos
Imaxes