Conferencia de Santiago Losada Carregal, profesor de Historia da Filosofía: "A POESÍA ROSALIANA COMO SÍMBOLO DA IDENTIDADE GALEGA"

Eventos
04/08/2013
04/08/2013
08/04/2013

Conferencia de Santiago Losada Carregal, profesor de Historia da Filosofía: "A POESÍA ROSALIANA COMO SÍMBOLO DA IDENTIDADE GALEGA"

-

O profesor Santiago Losada pronunciará unha conferencia que versará sobre a poesía da autora máis representativa da literatura galega, Rosalía de Castro, con motivo dos 150 anos da publicación da famosa e espléndida obra poética "Cantares Gallegos" (1863).

No ano 1863 publícase o poemario "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro. No prólogo unha emotiva Rosalía cóntanos o seu desexo de recoller por escrito todas as belezas da súa terra e o seu medo a que as súas verbas non fagan xustiza ás incribles paisaxes e ás xentes de Galicia.

Tamén laméntase do desprezo que na súa época os galegos recibían dalgunhas persoas doutros lugares do país, mostrando sen ningún reparo un claro rexeitamento contra eles.

Neste libro queda patente o amor que Rosalía sente por Galicia. Tamén hai poemas de temática social tratando asuntos como a emigración, as inxustas burlas cara a Galicia ou a morriña, destacando as súas alabanzas á súa terra. Destacan poemas amorosos e incluso intimista nos que a autora amosa os seus sentimentos e emocións máis profundos.

08 Abril 2013
Eventos