Conferencia do catedrático de Lingua Española e Literatura e escritor FERNANDO BARTOLOMÉ BENITO: "A prata ensanguentada. A batalla dos galeóns de Rande"

Eventos
06/12/2013
06/12/2013
12/06/2013

Conferencia do catedrático de Lingua Española e Literatura e escritor FERNANDO BARTOLOMÉ BENITO: "A prata ensanguentada. A batalla dos galeóns de Rande"

-

A batalla de Rande foi unha importante batalla naval librada no Estreito de Rande, no interior da ría de Vigo, o 23 de outubro de 1702, que enfrentou ás escuadras anglo-holandesas e hispano-francesas. Dentro dos galeóns españois ía o maior envío que se coñecía de tesouros procedentes de América.

A conferencia que pronunciará Fernando Bartolomé versará sobre un novo documento achado por el mesmo en torno á actuación e personalidade do virrei Sarmiento de Valladares, os acontecementos que rodearon ao combate e a batalla propiamente dita. A conferencia é un resumo da súa publicación na Editorial Almena co mesmo título: "La plata ensangrentada".

En outubro de 1702, a ría de Vigo converteuse no escenario da batalla naval máis importante da historia ata aquel momento. Por primeira vez, a frota da Prata, protexida pola armada francesa, foi capturada por unha escuadra anglo-holandesa no marco da que se chamou Guerra de Sucesión á corona de España.

O conferenciante falaranos da figura de José Sarmiento de Valladares desde o seu nomeamento como Virrei de Nueva España en 1696, a súa estancia en México, a súa aventureira existencia polos mares americanos e o esforzado acopio dos materiais da Frota da Prata ata o seu traslado ata as costas de Galicia e a batalla do estreito de Rande, na que os aliados anglo-holandeses derrotaron á escuadra franco-española.

FERNANDO BARTOLOMÉ é catedrático de Lingua Española e Literatura. Estudoso da cultura e a historia do Século de Ouro, simultanea a investigación coa creación literaria. É autor, entre outras, dunha "Antología poética de Quevedo"; a edición crítica de "El Nuevo Mundo descubierto por Cristóbal Colón", comedia inédita de Lope de Vega; "El Barroco literario aragonés"; "El universo simbólico en la Oda IX de Fray Luis"; "El Barroco literario aragonés"; "Símbolos y emblemas en la poesía de Fray Luis de León"; "La presencia del satanismo en el primer Valle Inclán"; "Don Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, el Maquiavelo español"; "Goya, príncipe del estrago".

Escribiu novelas: "Matar a un rey. La aventura de Gracián en la Corte de Felipe IV"; "Disuelta en humo. El final de la Guerra Civil en clave de novela negra"; "La Plata ensangrentada", "Ceniza", "Amadís".

Realizou crítica literaria para as revistas Más Margen e Estación Central.

Tamén é autor de numerosos relatos soltos: Pasos, De tu tierra, Una noche en la Casa del Sol, La risa de los dioses, El simio y el legionario, El 22, In Paradisum, El Gato Rey, etc.

12 Junio 2013
Eventos
Imaxes