Conferencia do Dr. D. FERNANDO RIVILLA, cirurxián pediátrico: "SAÚDE EN ÁFRICA DO OESTE: RETOS E OPORTUNIDADES", organizado pola Fundación Juan Ciudad

Eventos
06/26/2013
06/26/2013
26/06/2013

Conferencia do Dr. D. FERNANDO RIVILLA, cirurxián pediátrico: "SAÚDE EN ÁFRICA DO OESTE: RETOS E OPORTUNIDADES", organizado pola Fundación Juan Ciudad

-

O cirurxián pediátrico Luis Fernado Rivilla compartirá nesta conferencia as súas impresións sobre as campañas cirúrxicas realizadas en Liberia, Benín e Ghana acompañado por un equipo de dous cirurxiáns e dous anestesistas que realizan un centenar de intervencións ao ano en nenos e adolescentes con diversos grados de complexidade.

O cirurxián Fernando Rivilla pronunciará unha conferencia sobre voluntariado internacional en hospitais en África do Oeste.

O doutor colabora coa Orden Hospitalaria como voluntario internacional de Juan Ciudad ONGD desde hai anos. Falará da súa experiencia destacando a importancia de coidar dos demais, algo que non ten prezo.

Rivilla participou nos últimos catro anos en sete Campañas de Cirurxía Pediátrica en hospitais da Orde Hospitalaria en Liberia, Ghana, Benín e Sierra Leona, cun equipo de profesionais sanitarios, nas que se atenderon máis de 450 consultas externas e se operaron preto de 230 nenos.

O obxectivo desta charla é dar a coñecer os retos de saúde nesta rexión e cómo é posible axudar a través da solidariedade.

No acto, Fernando Rivilla estará acompañado por Julio Laje, presidente de AEGAMA; e José Mª Viadero, director de JCONGD.

26 Junio 2013
Eventos