Conferencia do economista Javier Sanmateo Isaac Peral: "ISAAC PERAL E GALICIA: UNHA RELACIÓN DESCOÑECIDA".
Javier Sanmateo quizais sexa unha das persoas que mellor coñece a historia e a intrahistoria do mariño Isaac Peral y Caballero (Cartaxena, 1851-Berlín, 1895). Non en balde é bisneto do inventor do primeiro submarino propulsado electricamente.
O conferenciante, bisneto de Isaac Peral, é autor dun libro “El submarino Peral. La gran conjura” e varios artigos publicados en revistas de carácter histórico sobre temas relacionados co inventor do submarino.
Natural de Madrid. Licenciado en CC Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid. Máster en Dirección de Recursos Humanos por ICADE. Traballou para a Banca e desde 1988 na Industria do Automóbil e desde 1988 na Industria do Automóbil como controller, na Dirección de RR. HH. como product manager, consultor e auditor de Normas ISO de Calidade e Medio Ambiente, e nos últimos 3 anos, como responsable de Aprovisionamento na Dirección Loxística para toda a Península Ibérica do Grupo PSA.