Conferencia "A lenda negra do xenocidio americano", polo historiador JUAN LUIS BECEIRO GARCÍA

Eventos
03/27/2017
03/27/2017
27/03/2017

Conferencia "A lenda negra do xenocidio americano", polo historiador JUAN LUIS BECEIRO GARCÍA

-

Nesta conferencia defenderá a tese de que a conquista do continente americano por parte da Corona Española non supuxo ningún xenocidio, senón que a súa foi un labor civilizador, que non colonizador, en América.

Nacido en Ferrol, é licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca, da que foi axudante de cátedra de Dereito Internacional; realizou estudos de lingua inglesa na Universidade Saint Andrews (Escocia) con bolsa daquela Universidade; e colaborou coa prensa salmantina preferentemente en temas de política internacional.

Historiador vocacional, escritor e conferenciante, publicou numerosos traballos históricos esencialmente dedicados á colonización hispanoamericana, como queda patente na súa obra sobre o xenocicio atribuído aos españois "La mentira histórica desvelada, ¿genocidio en América?" (1994), revistas, colaboracións en obras colectivas, entre as que destacan: "Iberoamérica y los derechos humanos", "La leyenda negra y el padre Las Casas", "Gibraltar la humillación permanente", "El infalible Bartolomé de las Casas", "Cristóbal Colón, el descubridor por antonomasia", "Genocidio en América", "Las Colonias de España", "A los 500 años del Descubrimiento de América".

 

 

 

27 Marzo 2017
Eventos
Imaxes