Conferencia "NEGRA SOMBRA, FONDO E TRASFONDO", polo poeta e filósofo Xosé Azar

Eventos
05/12/2015
05/12/2015
12/05/2015

Conferencia "NEGRA SOMBRA, FONDO E TRASFONDO", polo poeta e filósofo Xosé Azar

-

Profundo coñecedor da obra de Rosalía de Castro e autor do libro "Rosalía erótica y existencial… 50 poemas esenciales", o escritor compostelán pronunciará unha conferencia baseada no seu traballo "Rosalía de Castro, desde una poética integral" que xirará en torno ao poema existencial máis coñecido da poeta galega.

Xosé Azar recibiu a ensinanza do famoso escultor Francisco Asorey na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal, Compostela, onde fixo o Bacharelato. Licenciouse en Filosofía na Universidade Complutense e doctorouse na Autónoma de Madrid, cun traballo que despois ampliou e profundou, dedicado a el moitos anos, Vida masculino/femenina, onde se propón, por primeira vez, o número 2 –o número da vida- e non o 1, como fundamento.

De aquí naceron logo: Poética de Fondo, na que fala da arte como expresión do propio (des)entrañamento, e Poética formal, na que se alcanzan, tamén por primeira vez, unhas categorías poéticas formais, extensibles ás demais artes; actualmente está traballando no terceiro volume, que trata do drama, nas súas tres versións: imaxinario, real ou extraescénico e total ou festivo erótico e místico.

12 Mayo 2015
Eventos
Imaxes