Conferencia "O FEMININO E O POLÍTICO NA NOVELA "ADIÓS PARA SIEMPRE, ADIÓS", DE ANA MARÍA FORNEAS FERNÁNDEZ", por Ana María Forneas Fernández

Eventos
11/26/2018
11/26/2018
26/11/2018

Conferencia "O FEMININO E O POLÍTICO NA NOVELA "ADIÓS PARA SIEMPRE, ADIÓS", DE ANA MARÍA FORNEAS FERNÁNDEZ", por Ana María Forneas Fernández

-

A conferencia que impartirá a xornalista Ana María Forneas, baséase na súa novela "Adiós para siempre, adiós", que nace da preocupación que lle produce a difícil situación política española que se está vivindo na actualidade, representada por unha muller que a unha idade inorportuna se ten que enfrontar a un despedimento debido á crise.

A  ambivalencia entre o feminino e o político, e un espertar aos novos tempos que aínda están por chegar, conformarán os alicerces desta charla. 

Ana María  Forneas Fernández é xornalista e escritora. Doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, coa tese doutoral titulada "Violencia e comunicación: A violencia como método de presión nos países democráticos".

Publicou as seguintes novelas: "Préstame el sombrero (Romance en Lugo)", "De entre la paja", "Al vaivén de la soledad", "Relatos de otoño", "Luna de miel en Denia", "Sin testigos", "El poder de un sueño", "Luces y sombras (Diario de una niña de postguerra), "Adiós para siempre, adiós", e "La gran exclusiva".

"Adiós para siempre, adiós" é unha novela-crónica-reportaxe de personaxes, uns reais e outros ficticios, que se ven abocados a uns fins que nunca se imaxinaran ao comezo do seu relato, pero que foron asumindo, o mesmo que a maioría dos españois. Esta novela desenvólvese nun periodo clave da política española moi recente (desde 20112 ata a data en que finaliza o relato, 2016). A autora quixo compartir cos seus lectores a difícil situación anímica que representa a problemática de enfrontarse a un ere por parte dunha muller que ten que dicir adeus a todo o que representara a súa vida ata aquel momento, e elixir Galicia como destino para desprenderse dalgúns lastres persoais e sociais, producíndose nela un cambio que transformará a súa vida.

 

26 Noviembre 2018
Eventos
Imaxes