24/10/2016
Conferencia "XÉNEROS TRADICIONAIS DA MÚSICA GALEGA" (con interpretación en directo), por Fernando Molpeceres, mestre gaiteiro pola Real Banda da Deputación de Ourense
-
O acto celébrase en colaboración coa Asociación de Música e Investigación Albedro e a súa Banda de Gaitas Lume de Biqueira.
FERNANDO MOLPECERES aprendeu guitarra flamenca cos mestres Rafael Nogales e Andrés Baptista. Formouse como Mestre Gaiteiro na Real Banda da Deputación de Ourense.
É profesor de gaita na Banda de Gaitas Lume de Biqueira desde 2005 ata a actualidade. É colaborador habitual do Anuario da Gaita.
Pronuncia conferencias por toda España, incluíndo a Escola de Gaitas da Deputación de Ourense ou o prestixioso conservatorio Mayeusis de Vigo, relacionados co mundo da gaita: historia, gaitas do mundo, iconografía, xéneros tradicionais da música galega, música celta, etc.
24 Octubre 2016
Eventos