Día Mundial do Medio Ambiente. Conferencia "SETE MIL MILLÓNS DE SOÑOS… E UN SÓ PLANETA", por José Cerdeira Taboada, xerente de AEGAMA

Eventos
06/11/2015
06/11/2015
11/06/2015

Día Mundial do Medio Ambiente. Conferencia "SETE MIL MILLÓNS DE SOÑOS… E UN SÓ PLANETA", por José Cerdeira Taboada, xerente de AEGAMA

-

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, José Cerdeira Taboada, enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e experto en eficiencia enerxética, pronunciará unha conferencia na que incidirá nos danos que a nosa forma de vida está provocando no medio ambiente, repasando os perigos máis inminentes e a súa influencia no futuro da nosa propia civilización.

O benestar da humanidade, do medio ambiente e o funcionamento da economía dependen en gran medida dunha xestión responsable dos recursos naturais que o planeta pode aportarnos. Sen embargo, a xestión realizada está moi afastada do que se puidera considerar razonable e a humanidade está consumindo moitos máis recursos naturais que os que o planeta pode proporcionar de forma sostible.

Empuxados polo aumento de poboación e o desenvolvemento económico, moitos dos ecosistemas da Terra están chegando a puntos críticos de esgotamento que provocan cambios irreversibles. Se continúan as taxas de aumento poboacional e as pautas actuais de consumo e produción, para o ano 2050 necesitaremos tres planetas para manter os nosos modos de vida e consumo.

Por outra parte, e como consecuencia deste aumento incontrolado do consumo, a xeración de residuos tóxicos que devolvemos ao planeta aumenta de tal modo que estamos poñendo en perigo o seu equilibrio e xerando importantes riscos para a supervivencia da nosa civilización.

O slogan do Día Mundial do Medio Ambiente este ano é "Sete mil millóns de soños. Un só planeta. Consome con moderación", e ese é precisamente o título da conferencia de José Cerdeira. Vivir tendo en conta os límites do noso planeta é a mellor estratexia para asegurar un futuro sostible. Vivir de forma sostible significa facer máis con menos e asumir que non podermos permitir que o crecemento económico poña en perigo a nosa supervivencia como civilización.

José Cerdeira é enxeñeiro de Camiños que dedicou a súa vida profesional ao mundo da enerxía e, moi especialmente, á da eficiencia enerxética. A súa relación coas políticas enerxéticas mantivérono moi preto dos problemas medioambientais, en gran parte froito do excesivo consumo de combustibles fósiles e permitíronlle valorar as principais consecuencias destes consumos irracionais.

11 Junio 2015
Eventos
Imaxes