Exposición "DEBUXOS E PINTURAS", de Marta de la Sota
A exposición de Marta de la Sota (Madrid, 1966) está composta por óleos sobre táboa que nos recordan o primor e exactitude dos interiores da pintura holandesa do século XVII, así como por debuxos onde retrata persoas, animais e plantas que revelan un absoluto dominio desta técnica. A mostra poderá visitarse ata o 28 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
Da man dos seus pais, os pintores Amparo Cores e Jesús de la Sota, Marta de la Sota iníciase na pintura dende moi curta idade. En 1981 cursa estudos en Inglaterra na escola de arte Michael Hall.
En 1987 matricúlase na Facultade de Belas Artes de Madrid.
ÚLTIMAS EXPOSICIÓNS
2014 "Sapientia Ubi Invenitur". Galería Espacio Valverde. Madrid.
2013 "Julia Galán retratada por 27 artistas de 12 países". Casa de Cultura. Soto de Luina, Asturias.
Sala de exposicións Casa de Cultura. S. L. de El Escorial, Madrid.
2012 Sala Mamblona. Madrid.
2011 Affordable Art Fair. Battersea, Londres.
2010 Sala Murillo, Oviedo.
2009 Galería Jamete, Cuenca.
2008 Galería Biondetta, Madrid.