Homenaxe do Grupo Bilbao de poesía galega en Madrid ao editor e escritor SABINO TORRES FERRER

Eventos
02/18/2014
02/18/2014
18/02/2014

Homenaxe do Grupo Bilbao de poesía galega en Madrid ao editor e escritor SABINO TORRES FERRER

-

Este colectivo, importante movemento de recepción e difusión da cultura galega en Madrid, rende homenaxe ao escritor e editor pontevedrés Sabino Torres Ferrer. 

No acto, que será presentado polo escritor Vicente Araguas, intervirán, en representación deste colectivo poético, Miguel Barrera, Fermín Bouza, Yolanda López, Pilar Mera, Manuel Pereira, Begoña Regueiro, Marga Vázquez e Rafa Yáñez; e ademais Antonio Bonet Correa, Inés Canosa, Laura Mundo Torres e Ricardo Pichel, entre outros.

SABINO TORRES FERRER (Pontevedra, 1924) comezou a súa actividade periodística en Pontevedra en 1943 na Revista Finisterre xunto con Emilio Canda e Celso Emilio Ferreiro. En 1949, coa colaboración de Manuel Cuña Novás e Emilio Álvarez Negreira editou a colección poética Benito Soto, cuxo primeiro director foi Celso Emilio Ferreiro.

En 1952, foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega. En 1953, creou o semanario Litoral, do que foi ademais editor, redactor-xefe e subdirector.

En 1992, con Emilio Álvarez Negreira fundou a colección poética Hipocampo que continúa editando poesía.

Publicou os libros Cuaderno de Carmen(1949), Ondas do mar comigo (1997), Trovas de Nadal (1999), Xograría nova (2000) e Intres de soidade (2001), entre outros.

18 Febrero 2014
Eventos
Imaxes