Homenaxe en memoria do escritor, pintor e cineasta, Juan A. Cadenas (Ferrol, 1943-Madrid, 2017)
Amigos e familiares lembrarano nun acto no que se lerá unha selección dos seus poemas e escritos. Intervirán Vicente Araguas, escritor e crítico literario; Antonio Polo, escritor e editor; e José Ignacio Cadenas, irmán do homenaxeado e poeta.
Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense (1972), doutoruse na mesma universidade en 1977. Ademais, realizou o Curso de Adaptación Pedagóxica (1981), un curso de actor de dobraxe na Escuela Oficial de Cine (1974-75), cursou 1º e 2º Curso de Filosofía na Universidade Complutense (1970-1971) e estudou Náutica na Escuela Oficial de Náutica (1961-64).
Foi profesor e organizador de actividades culturais e teatro infantil en varios colexios de Madrid (1967-73) e profesor de Cine-Vídeo na Universidade Popular de S. Sebastián de los Reyes (1990-92), na Escuela de Formación ETG de Cidade Real (1991-92) e no Centro Municipal da Xuventude de Valdepeñas (1992-93).
Desde 1963 foi actor de teatro, cinema, TV e radio, director e crítico de teatro, ensaísta de teatro e cinema, guionista de Cinema, Vídeo e TV (varias producións e films de curto e longa metraxe para Antena-3, ETG Televisión, O Alacrán P. C., Deputación C. Real ). Foi bolseiro en Radiotelevisión Española (1975), na Academia Española de Belas Artes de Roma (1974-75) e na Fundación Juan March (1975-76).
Desde o punto de vista das artes plásticas, participou en varias exposicións individuais e colectivas: Chatteaurenault (Francia, 1965), exposición colectiva ARTI (Madrid), Certame Nacional de Debuxo Pancho Cossío (Santander, 1971), IV Bienal Cidade de Zamora (1977), Exposición Individual Galería Damma (Madrid, 1979), V Bienal de Pintura Cidade de Zamora (1979), Premio Adaja (Colectiva. Ávila, 1980), IV Bienal Internacional das Artes Plásticas (Col Pontevedra, 1980), finalista no Premio Vieira de Humor (Humor Gráfico. Pontevedra, 1981), Galería Arte Galicia (Colectiva poxada. Ferrol, 1983), colaboracións de humor gráfico nas publicacións "Escaparate Libertario" e "Cuadernos de Humor" (1977-90), Premio Cidade de jBarbastro de Humor Gráfico (Colectiva, 1995).
Desde o punto de vista literario, escribiu críticas e ensaios para a revista "Gaceta Universitaria" (1968-71), ensaios sobre novas tendencias teatrais e fílmicas (1969), poemas soltos editados en Nova Europa (Luxemburgo), Vento Novo (Italia), Silarus (Italia), etc e radiados na Voz de Madrid, COPE Valladolid, colaboracións xornalísticas en Radio Exterior (1977) e colaboracións de humor en "Cuadernos de Humor" (1990-91).
Dentro do seu filmo- videografía destacan fundamentalmente os films Viaje (1969), Conversaciones (1970), Ceremonia (1970), Pneumaton (1971), Crónica de un desnudo (1973-74), " ! " (1975), Rompecabezas (1975-76), Una tía que sale un ratito al final (1978), Los genicuales entre paréntesis (1979), Película (1980), El invento (1980), Navda (1982), Berenice (1982), Zaragata (1982), La Caca (1984), La ruta de China (1985), Resaca (1985), Tráfico y traficantes (1988), Reflejo (1988) e os vídeo-reportaxes La Aventura de La Mancha (1993), El Pabellón Ferial de Ciudad Real (1993), Invitación a La Mancha (1994), Investidura de la Corporación P. (1995) e La uva, el fruto prohibido (1996).
Foi guionista colaborador na serie Los ladrones van a la oficina, (Antena3, 1991-92) e asesor en Vía Dixital para o Financiamento de Películas de produción española.