Inauguración da exposición "51 PÁXINAS DAS NOSAS LETRAS", do Parlamento de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Real Academia Galega

Eventos
05/08/2014
05/08/2014
08/05/2014

Inauguración da exposición "51 PÁXINAS DAS NOSAS LETRAS", do Parlamento de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Real Academia Galega

-

Ao cumprirse o 50 Aniversario da instauración por parte da Real Academia Galega, do Día das Letras Galegas, o Parlamento de Galicia patrocina e organiza unha exposición itinerante conmemorativa desta efeméride. A exposición consta de 51 medallas en baixo relevo das caricaturas dos persoeiros aos que lle foi dedicado o Día das Letras Galegas. Poderá visitarse ata o 28 de maio, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

No acto de presentación desta exposición intervirán: Pilar Rojo, presidenta do Parlamento de Galicia; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega; e o delegado da Xunta en Madrid/director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.

O proxecto é unha inicitativa do Parlamento de Galicia en colaboración coa Xunta e a Real Academia Galega, que naceu para render homenaxe aos autores aos que se lle dedicou o Día das Letras Galegas desde a súa institución en 1963.

A exposición xa se mostrou en A Coruña, Ferrol, O Carballiño e Celanova, ademais de na propia Cámara galega.

A mostra dedica un panel a cada un dos 51 autores homenaxeados de 1963 a 2013, de Rosalía a Roberto Vidal Bolaño; e está integrada polas Medallas das Letras Galegas pertencentes á colección de arte do Parlamento e que son obra do debuxante, pintor e caricaturista Siro López e do escultor Manuel Ferreiro Badía. Reproducen a faciana dos homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Complétase a exposición con paneis que dan conta das biografías e as principais obras dos autores que foron elaborados por diferentes académicos da Real Academia Galega, na busca dun achegamento ao universo literario de Galicia.

08 Mayo 2014
Eventos