Inauguración da exposición antolóxica de pintura e escultura "SENSIBILIDADES DA MIÑA VIDA", de José Brea Colmeiro
Natural de Lamela e discípulo e amigo de Antonio López, José Brea presenta unha exposición retrospectiva da súa obra. Óleos, debuxos e esculturas, que recollen xéneros e temáticas diversas que abarcan retratos, paisaxes, bodegóns, xunto a esculturas de personaxes ilustres, de amigos ou familiares.
A mostra permanecerá aberta ata o 31 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
JOSÉ BREA COLMEIRO naceu en 1936 na parroquia silledense de Lamela, onde pasou a súa infancia e mocidade ata que en 1955 se trasladou a Lalín para estudar o Bacharelato no actual instituto Laxeiro. A súa vocación artística pronto xurdirá en Brea Colmeiro, que xa destacaba nos seus estudios en materias como Debuxo.
No ano 1964 alentado por familiares e amigos, José Brea realizou con éxito as probas de acceso á Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando, Madrid, onde foi alumno do xenial pintor Antonio López, co que lle une dende entón unha gran amizade. López outorgoulle unha Matrícula de Honor, a única dese curso, na disciplina de Colorido y Composición.
Brea Colmeiro obtivo o título de profesor de Debuxo a mediados dos anos 60, impartindo clases en localidades como A Estrada, Sabadell, Puigcerdá, Cuéllar, Bembibre
No ano 96 trasládase a Salamanca como Catedrático de Debuxo no Instituto Torrente Ballester, no municipio de Santa María de Tormes, preto da capital. Neste periodo, e como homenaxe a Torrente, residente en Salamanca, realizou un busto en broce do escritor que está hoxe á entrada do instituto salmantino que leva o seu nome.
Brea Colmeiro realizou exposicións en Madrid, Sabadell, Pontevedra atesourando ademais diversos premios e recoñecementos ao longo da súa dilatada traxectoria, na que mantivo contacto con prestixiosos artistas galegos como Luis Seoane, Laxeiro, ou o silledense Manuel Colmeiro, do que era familiar.
Na actualidade, José Brea, está xubilado e continúa realizando a súa faceta artística no seu estudo en Salamanca, cultivando a escultura, o debuxo e sobre todo a pintura (con diferentes técnicas), na que destacan os seus paisaxes e bodegóns.
PREMIOS E DISTINCIÓNS
1968.-Seleccionado pola Escola Superior de Bellas Artes de San Fernando (Madrid). Concesión Beca para a Fundación Rodríguez Acosta (Granada)
1968.-Exposición colecitva na Fundación Rodríguez Acosta
1969.-Exposición individual na Sala da Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo (Pontevedra)
1969.-Seleccionado pola Deputación Provincial de Pontevedra para a Bienal Internacional de Pintura
1972.-Exposición individual na Academia de Bellas Artes de Sabadell (Barcelona)
1972.-Exposición individual en Vilanova i la Geltrú (Barcelona)
1972.- Exposición individual na Sala Rovira de Sabadell (Barcelona)
1973.-Participación na Subasta Benéfinca pro-damnificados dos Suroeste de España, patrocinado por Princesa de España. Dúas obras vendidas
1976.- Segundo premio Nacional IV do Concurso de Exposición Nacional de Pintura do Ministerio de Educación y Ciencia (Madrid)
1975.- Seleccionado para o VI Concurso Exposición Nacional de Pintura do Ministerio de Educación y Ciencia.