Inauguración da exposición de accesorios en peles exóticas da firma "e v o l u t a"
A firma e v o l u t a, fundada no ano 2006 por Carmen e Cristina Franco provenientes do mundo da moda e da arquitectura, presentan unha colección de pezas exclusivas de máxima calidade en canto materia prima, elaboradas por un equipo de artesáns de tradición que coidan a importancia de cada detalle. A exposición poderá visitarse ata o 29 de outubro.
En busca da simplicidade, o obxecto como resultado do estilo de vida. A ausencia do inútil é a idea, en sentido estricto: o sentimento que move a sensación de e v o l u t a obxectos, bolsos ou accesorios co valor intrínseco da utilidade. Formas que provocan, sen estridencias, para vincularnos cos obxectos pola súa coherencia; resultado da búsqueda exhaustiva da innovación. Sen renunciar á calidade, con vocación de permanencia no tempo. Unha nova marca que sempre existiu sen logo, inspirada como sinónimo de forma de vivir, estilo de vida.
Unha dúctil xeometría reinterpretada revístese de pel. Foxe da lóxica ornamental sustentada nos adornos innecesarios. Non hai nada ostentoso. É unha colección elaborada por artesáns españois de tradición que aman a importancia de cada detalle na búsqueda do rigor para convidarnos a entrar nun universo estético con vocación de perdurar no tempo onde a exclusividade, a calidade e a autenticidade instáuranse como valores fundamentais.
En canto á materia prima, traballan con peles lexítimas de crocodilo, avestruz, mantaraia, pitón, lagarto... de máxima calidade traída de proveedores internacionais co seu correspondente certificado CITES.