Inauguración da exposición de beléns napolitanos "Nápoles en Galicia", de Belén de Salas Escriña e Belén del Pino Salas.

Eventos
12/03/2014
12/03/2014
03/12/2014

Inauguración da exposición de beléns napolitanos "Nápoles en Galicia", de Belén de Salas Escriña e Belén del Pino Salas.

-

Estas dúas artistas, nai e filla, presentan unha exposición de beléns inspirados nos beléns napolitanos do século XVII.  A súa obra ten moito dese espírito barroco que busca que os personaxes, as escenas e os numerosos obxectos cotiáns parezan reais e nos presenten unha imaxe, case teatral, da vida da época. Auténticas obras de arte que poderemos contemplar ata o 6 de xaneiro de 2015, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

O belén napolitano nace no século XVII, pero é no século XVIII cando Carlos III convértese no seu maior impulsor. Durante estes anos vaise creando un estilo que sentará as bases dun novo belén completamente orixinal e que ten pouco que ver co tradicional.

Hai case trinta anos, Belén de Salas quedouse marabillada cando viu por primeira vez un magnífico belén napolitano, e empezou, como coleccionista, a comprar as escasas figuras que saían en poxas. Decidiu restauralas, vestilas, decoralas e pouco a pouco foi meténdose neste mundo que agora se converteu no seu. Creou o seu propio taller onde se especializou en diversas e variadas artes que este tipo de escultura engloba: deseño de cada figura; montaxe de corpos móbiles de arame e estopa; confección de vestimentas en sedas naturais e liño; policromía e construción de capelas e escenografías.

Cando rematou a carreira de Belas Artes, a súa filla uniuse a ela especializándose na policromía de carnacións e en Escenografía.

Encontran a súa inspiración nos magníficos beléns napolitanos que se expoñen en museos españois, en cadros do século XVIII con paisaxes de ruínas e nas súas habituais viaxes a Nápoles, coas súas canellas, recantos e cores de onde sacan multitude de ideas para a escenografía.

A súa obra ten moito dese espírito barroco que busca que os personaxes, as escenas e os numerosos obxectos cotiáns parezan reais e nos presenten unha imaxe, case teatral, da vida da época.

Con esta exposición –Nápoles en Galicia- queren mostrar este tipo de beléns tan distintos aos tradicionais aos que estamos habituados.

03 Diciembre 2014
Eventos