Inauguración da exposición de escultura "CONSERVA A VIDA", de Henrique Prado Miranda
O cangués Henrique Prado céntrase na escultura figurativa e abstracta, propoñendo nesta exposición unha homenaxe ás xentes e aos concellos marítimos, a esa dureza das fábricas e da pesca, baixo o lema de "Conserva a vida". A exposición poderá visitarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
Nace en Cangas do Morrazo (Pontevedra) en 1964. A vocación pola escultura está presente desde neno. Estudou modelismo naval e delineación. De formación autodidacta, comeza as súas exposicións a idade tardía, en 2009, tendo repartidas obras por varios países.
As súas obras están feitas de multitude de materiais: pedra, madeira, metais P. R. F.V, aceiro inoxidable, cerámica e formigón entre outros, aínda que os seus materiais preferidos son a madeira (de castiñeiro, de caoba, de carballo) e o P. R. F.V.. Outra faceta que lle distingue é a experimentación en técnicas e acabados xa que son grandes os seus coñecemento teóricos e técnicos grazas ás súas investigacións con distintos materiais e as súas mesturas.
A nivel temático, a súa obra está carga de crítica social; é un intento de transmitir a súa visión particular do mundo que lle rodea.
A pesar de ser un artista de vocación tardía, conta con moitos premios e nomeamentos nacionais e internacionais, entre os que podemos destacar: Primeiro premio na XIII Bienal pequena escultura Peña de Martos, en Xaén; Diploma de Honra e finalista no I concurso de pintura e debuxo ADICAM, en Cangas do Morrazo; Medalla de prata na V Bienal de escultura internacional El valle de los sueños, Madrid; Medalla de ouro na VI Bienal de escultura internacional El Valle de los sueños, Madrid; ou o Segundo premio na IV edición ADICAM de pintura e debuxo, en Cangas de Morrazo.