Inauguración da exposición de escultura e fotografía, "IN NATURA MUNDI", de Antonio Valverde
A visión á que nos invita a exposición de Antonio Valverde é a de superficies, texturas, luces e sombras apuntando ao Misterio. Por un lado, poderase aprezar a vitalidade e a enerxía da pedra, do granito, que evoca o orixinario; por outro, unha serie de imaxes fotográficas de flores en branco e negro, onde a súa beleza irrompe a través do xogo do claroscuro. Esta mostra poderá visitarse ata o 28 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
ANTONIO VALVERDE (Madrid, 1954). Estudou na Facultade de Bioloxía da Universidade Complutense de Madrid (1970).
Entre 1976 e 1978 foi Patrón de Pesca de 1ª clase.
Desde 1988 ata 1993 recibiu formación técnica e artística no taller do escultor imaxineiro Raúl Comesaña. Vigo (Pontevedra.
Durante os anos 1994 e 1995 recibiu formación técnica de extracción de pedra en Cantera Blokdegal (Madrid).
Durante 1996 e 1997 recibiu formación técnica de talla e corte en fábrica (Madrid).
Durante 2008 e 2009 conseguiu o título de Técnico Auxiliar de Diseño Gráfico (Granada) e desde 2009 a 2010 realizou estudos de Técnico Superior en Ilustración.