Inauguración da exposición de escultura "NATUREZA REDIMIDA", de Darriba Caralladas

Eventos
04/08/2015
04/08/2015
08/04/2015

Inauguración da exposición de escultura "NATUREZA REDIMIDA", de Darriba Caralladas

-

Mostra que consta de 15 obras esculpidas en madeira de castiñeiro autóctono, combinadas nalgúns casos con pedra. Estas esculturas inspiradas en estruturas que a natureza ofrece, poderán visitarse ata o 29 de abril, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas

Xosé Darriba Castro naceu en A Pumarega (Castroverde, Lugo) en 1956. En 1982 emigrou a Suíza e despois de 14 anos volve á súa terra onde aproveita a inspiración dos moitos países que visitou neses anos de emigración e comeza a traballar en pedra e madeira, observando o que a natureza lle ofrece, e convértense así nas súas dúas grandes paixóns: a Escultura e a Natureza.

Empezou a súa andaina no mundo da escultura como afición, aínda que pouco a pouco viuse inmerso no mundo das exposicións e outros proxectos, perfeccionando así a obra e a técnica, adaptándose ás esixencias da actualidade.

As súas obras parten sempre de estruturas que a natureza lle regala. Esta lle proporciona o material e el fai funcionar o seu pensamento para ver qué quere dicir, qué animal ou obxecto debe tallar nela.

08 Abril 2015
Eventos
Imaxes