Inauguración da exposición de fotografía "FOTOS ESCRITAS A MAN", de JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ LIZ

Eventos
06/01/2016
06/01/2016
01/06/2016

Inauguración da exposición de fotografía "FOTOS ESCRITAS A MAN", de JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ LIZ

-

Economista e xornalista, o lucense José Luis Fernández Liz exhibe unha colección de fotografías que son unha simbiose perfecta entre imaxe e palabra. Imaxes aparentemente quietas, pero vivas, que recrean sensacións diversas que o espectador poderá contemplar ata o 30 de xuño en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

José Luis Fernández Liz afirma que o único verdadeiramente destacable no seu currículo é ser galego ata as últimas consecuencias. Residente en Madrid desde a súa máis tenra adolescencia, a fotografía foi sempre para el algo especial, esa facultade que lle permite atrapar indefinidamente un momento ou un acontecemento. Unha situación efémera que pasa, como por encantamento, en eterna.

A fotografía é para o autor desta exposición un medio co que se expresa, que require disciplina, educación estética e dedos áxiles. Considérase un observador atento que vai pola vida cunha cámara colgada ao ombreiro.

O que realmente lle apaixoa é ir pola rúa cos ollos ben abertos e atoparse con esa fotografía que lle espera. Está convencido de que a beleza poder estar agachada en calquera recuncho.

Ten preferencia pola fotografía da rúa, a fotografía sen dispositivos. As súas fotos favoritas son as fotos do montón. Interésalle a posibilidade de ver de maneira nova as escenas que se fixeron vellas porque nolas atopamos a diario.

Publicou as seguintes obras: "Huellas de un viaje 1. Egipto más allá de la tierra de los dioses"; "Huellas de un viaje 2. India del Norte y Nepal"; "Huellas de un viaje 3. Ruta de la seda"; "Un paseo en bici por el Danubio"; e "De paso por Indonesia".

Comezou a expoñer en abril de 1995 "Lugo: Dos épocas a un tiempo". Salón Exposicións Banco Gallego. Lugo. Abril 1995; "Cousas do mar". Centro Multiusos. Buño (A Coruña). Agosto 2001; "Xente do mar". Concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña). Xullo 2001; "Cerámica y fotografía". Corral Multiusos La Oveja Negra. Cabañas. Segovia. Sep. 2001; "Educar con arte". I Edición. Sala de Exposicións Clara del Rey, Madrid. Dic. 2002; "Educar con arte". II Edición. Sala de Exposicións Clara del Rey. Madrid. Marzo 2004; "Educar con arte". III Edición. Sala de Exposicións Clara del Rey. Madrid. Maio 2005; "Al final del amanecer". Casablanca (Marruecos). Instituto Cervantes. Maio 2006; "11 Heridas del bosque". Exposición itinerante. Apadriña unha árbore. Setembro 2006; "Detrás de la mirada". Teatro de Madrid. Madrid. Marzo 2008; "Ho-y-er". Concello de Pontedeume. Pontedeume (A Coruña). Abril 2008; "Benin, un viaje a lo desconocido". Universidade Autónoma de Madrid. Marzo 2014; "Fotos escritas a mano". Casa da Cultura. Pontedeume (A Coruña). Agosto 2015.

 

01 Junio 2016
Eventos
Imaxes