Inauguración da exposición de fotografía "O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN", que recolle 45 anos de historia das Fogueiras coruñesas.

Eventos
06/08/2015
06/08/2015
08/06/2015

Inauguración da exposición de fotografía "O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN", que recolle 45 anos de historia das Fogueiras coruñesas.

-

Esta exposición é un paseo ao longo de corenta e cinco anos de historia a través dalgunhas das moitas fotografías que garda a Entidade nos seus arquivos e algún dos carteis que serviron para publicitar a gran cita co lume ritual nestes anos de andaina.

A mostra conta coa colaboración da "Asociación de Meigas de las Hogueras de San Juan" e a Concellería de Turismo da Coruña. Poderá visitarse ata  26 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

As fotografías de Carlos Mª Vallo, José Carlos Fernández, Mª Concepción Astray, Pedro Puig, Daniel Sambad, Francisco Sánchez, Ángel Arias e do Arquivo da Comisión Promotora das Fogueras de San Xoán, e os carteis de Joaquín Castiñeiras e Luzinarte, permitiránnos realizar un longo percorrido por estes anos nos que se sentaron as bases para lograr que a festa das fogueiras coruñesas se sitúe entre as mellores e máis populares de España.

No ano 2000 o Consello da Xunta de  Galicia declarou as Fogueiras coruñesas Festa de Galicia de Interese Turístico; posteriormente, en 2003, a Secretaría de Estado de Turismo declarouna Festa de Interese Turístico Nacional, e finalmente, neste ano, a mesma instancia acábaa de distinguir co título de Festa de Interese Turístico Internacional.

08 Junio 2015
Eventos
Imaxes