Inauguración da exposición de fotografía "RÍAS BAIXAS. EL VINO DEL MAR-O VIÑO DO MAR-THE WINE OF THE SEA", de Xurxo Lobato, organizada en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas

Eventos
09/08/2015
09/08/2015
08/09/2015

Inauguración da exposición de fotografía "RÍAS BAIXAS. EL VINO DEL MAR-O VIÑO DO MAR-THE WINE OF THE SEA", de Xurxo Lobato, organizada en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas

-

A mostra, unha aproximación ao mundo do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas, consta dunha selección de 30 fotografías en cor de Xurxo Lobato, que describen a paisaxe e o territorio onde se cultiva o viño ao longo das catro estacións do ano. Poderá visitarse ata o 28 de setembro en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

O Consello Regulador Denominación de Orixe Rías Baixas editou un libro con motivo do 25 aniversario da súa creación, "Rías Baixas, el vino del mar, o viño do mar, the wine of the sea". Unha publicación en tres idiomas galego, español e inglés con textos de Cristino Álvarez e fotografías de Xurxo Lobato.

O proxecto expositivo recolle un ano de traballo do prestixioso fotógrafo coruñés retratando durante as catro estacións a transformación da paisaxe, as súas luces, as súas néboas… Ademais, mostra as características da D. O. Rías Baixas: os tipos de viñedo en espaldera, as singulares parras, o característico minifundio e as modernas plantacións. Imaxes impactantes e que fan gozar ao visitante, achegándolle ao universo dun dos mellores viños brancos do mundo.

Paralelamente fíxose unha exposición itinerante que xa pasou polas principais cidades galegas: A Coruña, Cambados, Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela.

A intención da mostra é dar a coñecer o viño albariño, onde e como se cultiva, así como aspectos da arquitectura dos pazos que acollen moitas das adegas.

Xurxo Lobato é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e académico da Real Academia Galega de  Belas Artes.

Na actualidade é fotógrafo colaborador de El País, Mundiario, Luzes, Sermos Galiza, Getty Images. Foi redactor xefe de fotografía de La Voz de Galicia. Dirixe o festival de Fotografía Olladas. Coordina o premio de creación fotográfica Luis Ksado da Deputación da Coruña.

08 Septiembre 2015
Eventos
Imaxes