Inauguración da exposición de pintura "75 CORES", de María X Fernández
Liberdade, pracer, coñecemento, crecemento e experimentación son as cualidades que caracterizan a arte de María X Fernández. Cada papel, cada lenzo, é un reto sobre o que aflora o subconsciente. Cada obra é un campo de experimentación, unha nova aventura persoal. Esta exposición é, pois, unha homenaxe a este liberador modo de crear, e poderá visitarse ata o 27 de febreiro en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
O seu traballo é liberdade, pracer, coñecemento, crecemento e experimentación. Cada papel, cada lenzo, é un reto sobre o que aflora o subconsciente. Cada obra é un campo de experimentación, unha nova aventura persoal. Non pon portas ao fluír creativo. Cada material impón os seus límites e abre posibilidades de xogo exclusivas. Ás veces desenvolve proxectos nos que volveu aos seus inicios e retomou o retrato, facendo unha paréntese no seu camiño abstracto. Non acepta limitarse na estreitez de ter que repetirse, copiarse a si mesma. A diversidade no seu traballo é a súa riqueza, a única forma na que para ela vale a pena traballar.
A súa fascinación pola beleza das cores, a búsqueda cromática transcende na súa pintura o meramente estético e convértese nun posicionamento revolucionario. María X Fernández abandonou a figuración inicial, rexeitou a coidadosa técnica aprendida e abrazou a liberdade que só se consegue ao crear para un mesmo, dende o subconsciente e o autocoñecemento, sen máis límites que os que aporta cada novo material de traballo.
Esta exposición é unha homenaxe a este liberador modo de crear. E aínda que se puidese falar de abstracción lírica, do espiritual na arte ou do efecto da color sobre a alma, a atención céntrase sobre a maxia de quen se proxecta no lenzo para ordenar o seu mundo e consegue devolver á realidade novas realidades.
Un xogo de manchas de cor que se mesturan entre si, se multiplican e se dilúen, convivindo con distintos materiais, algún de refugallo, para descubrir ao espectador novas micro-estruturas: fragmentos dun universo imposible de aprehender plenamente. Un prisma de cores presenes tan só na natureza ou no interior de todo aquel que non esqueceu a súa poesía interior.