Inauguración da exposición de pintura "Ao meu mundo" (Visións desde o interior) 2011-2016, de NÖIS

Eventos
02/02/2016
02/02/2016
02/02/2016

Inauguración da exposición de pintura "Ao meu mundo" (Visións desde o interior) 2011-2016, de NÖIS

-

Con esta mostra, Nöis presenta o seu traballo artístico máis recente; cadros luminosos e moi creativos realizados en diferentes soportes e organizados arredor das súas series: Bosques, Mares, Visións desde o interior, Arquitecturas…

A esposición poderá visitarse ata o 27 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

MAICA NÖIS pasou a súa infancia en Lugo, e os seus veráns en Nöis, nas Rías Altas, entre Foz e Burela. A súa paisaxe de mar, de praias de costa e os seus cantís arraigaron na alma da artista, construíu o seu soño e fíxose núcleo no seu imaxinario creativo.

Cando decidiu decicarse á arte, elixiu o nome Nöis. Debuxo, Pintura (óleo, acuarela, técnicas mixtas), Deseño e Fotografía (B/N, cor e fotografía acuarelada).

Profunda na técnica da Acuarela en Inglaterra coa Escola de Cinzia Bonada e Roy Pettit, co Grupo Arts Sutton en Nordfolk. En España, no moi coñecido estudo de Lamadrid e Vera Callejo (Madrid). O Debuxo e técnicas pictóricas, na prestixiosa Academia Pena (Madrid).

Pertence como membro a varias Asociacións: Agrupación de Acuarelistas de España, Asociación Internacional de Mujeres en las Artes (AIMA), Asociación de Pintores y Escultores de España, Real Sociedad Fotográfica de España. Pertence ao Comité fundador en España de la Asociación de Amigos do NMWA (National Museum of Women in the Arts - Washington D.C.) fundado en 1983 (Medalla Nacional das Artes polo Congreso de Estados Unidos).

Obtivo varias distincións en Premios e Seleccións en todas as actividades que practica na súa obra:

Primeiro Premio de Pintura do Ilmo. Colexio de Avogados de Madrid, XII Edición (2005), técnica óleo. Primeiro Premio concurso de Fotografía "Cidade de Ávila" en B/N (2001). Segunda Mención Premio "Primavera das Artes" do Concello de Madrid en Casa de Vacas-Retiro, en técnica acuarela (2000). Seleccionado en Exposición Bienal de L"Aquarela - Barcelona (2001). Terceiro Premio de Pintura Primavera das Artes Concello de Madrid-Arganzuela (2002) técnica óleo… e moitos outros.

Realizou numerosas exposicións individuais e colectivas. Entre as individuais destacan: "Son de Mar" (Pintura), "Reflexos" (Fotografía). "Lenda" (Pintura e Fotografía). "Harmonías" (Pintura e Fotografía).

02 Febrero 2016
Eventos
Imaxes