Inauguración da exposición de pintura "CAN DE PALLEIRO", de Nicolás González Aller

Eventos
05/06/2015
05/06/2015
06/05/2015

Inauguración da exposición de pintura "CAN DE PALLEIRO", de Nicolás González Aller

-

O prestixioso pintor lalinense preparou unha exposición que conta con 30 cadros de gran formato nos que exporá pezas pertencentes a momentos diferentes de creación, cunha clara vocación abstracta. A mostra poderá visitarse ata o 29 de maio en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Nesta exposición mestúranse pezas actuais con outras menos recentes. Algunhas delas pertencen a coleccionistas particulares que cederon temporalmente os seus cadros mentres dura a exposición.

Esta mostra ten un denominador común: obras realizadas de maneira espontánea. Son máis ben híbridos ao igual que os cans de palleiro, que pasaron a ser cans dunha raza pura. De aí ben o título desta exposición.

A intensa cor, pigmentos e óleo, aos que engade elementos pegados cos que xera relevos, e brillos, explicitan fermosas luzadas de inspiración, plásticos en aspectos materiais, artísticos sempre.

Nicolás González Aller, natural de Lalín (Pontevedra), iniciou a súa traxectoria artística na segunda metade dos sesenta canso espuxo en colectivas celebradas no Colexio Maior Diego Covarrubias, de Madrid, e en Valladolid. A súa primeira mostra individual foi unha restrospectiva con obras realizadas entre 1987 e 2006, no Museo Ramón Mª Aller, de Lalín. Ademais de diversas colectivas celebradas en Madrid e espazos galegos, protagonizou individuais en Silleda, Santiago, Ourense, varias veces en Lalín e no 2009 en Vigo.

06 Mayo 2015
Eventos
Imaxes