Inauguración da exposición de pintura "COSTA DA MORTE", de DETLEF KAPPELER
Nesta exposición o autor presenta obras novas creadas en Galicia. Son a súa forma de interpretación dos acontecementos actuais: reflexións, a penetración da realidade para pintar a vida nas súas contradiccións, encontrándose desta maneira nunha constante búsqueda. A mostra poderá visitarse ata o 31 de maio, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
KAPPELER naceu en 1938 en Stettin (Polonia). Os seus horribles recordos ocasionados polos bombardeos aéreos durante a Segunda Guerra Mundial influíron decisivamente na súa obra pictórica. Estudou arquitectura en Hannover e diplomouse cun traballo sobre a arquitectura dunha "casa de citas" antes de concluír os seus estudos en pintura na Escola Nacional Superior de Belas Artes de Hamburgo. Traballou en Nova York, Bombay, Vietnam, Biafra e París, lugares moi significativos para quen tivo unha conciencia política nos anos 60. No seu camiño como artista, realizou exposicións e proxectos en diferentes países como Alemaña, España, Polonia e Francia, entre outros. Paralelamente á súa carreira como artista plástico, desenvolveu un extenso labor como catedrático cos estudantes da Facultade de Arquitectura da Universidade de Hannover.
Desde 1994 ten o seu segundo estudio en Barcelona, o seu primeiro e permanente atópase nunha granxa comprada no pequeno pobo Sillens situado na comarca Wesermarsch na península Butjadingen. Despois da súa xubilación en 2003, estableceu un novo estudio en Muxía na costa atlántica de Galicia, a "Costa da Morte", que trae o seu nome polo feito de que durante séculos as furiosas olas atlánticas fixeron varar cantidades incontables de barcos no acantilado e provocando así a morte dos mariñeiros. Kappeler mudouse con aquela xente. Nas súas pinturas algo se desenvolve constantemente, algo está pasando. Algún tipo de loita sempre se está disputando. Reflíctese nun colorido expresivo e unha escuridade case negra, pero con diferentes intensidades.
Muxía, o pequeno pobo mariñeiro do Noroeste español, no Finisterre máis occidental do Vello Continente, que el elixiu como habitáculo actual, como xerme da súa pintura, no corazón da Costa da Morte, emblematiza un sentimento agónico da vida e quizais a imaxe singular do romanticismo mariño, desde o século XIX, troquelado por decenas de naufraxios e pola forza de grandes tempestades, pola incontinencia do Océano Atlántico aberto a América e, en definitiva, polo negro presaxio da morte que deu nome a esta costa de rudos acantilados. Na Costa da Morte renace o esencial, as ganas de pintar, a comprensión da realidade social e o tratamento crítica dela.
Para Kappeler, a arte é un arma para interpretar o mundo e transmitir unha sutil vinculación á natureza cos gritos expresionistas dos seus ancestros, entre unha xestualidade de apariencia abstracta que fala sempre do ser humano e das súas angustias, da supervivencia e tal vez da nosa capacidade para destruír.
Kappeler ten un amplo pasado artístico de máis de 50 anos. Lonxe queda a súa pintura realista que foi dando paso ao revulsivo expresionista e xa, na década dos 80, buscou un equilibrio entre os rexistros figurativos e abstractos subliñando un perfil de debuxante exquisito.