Inauguración da exposición de pintura de MARÍA GATO

Eventos
06/02/2016
06/02/2016
02/06/2016

Inauguración da exposición de pintura de MARÍA GATO

-

Paisaxes, bodegóns, retratos e figuras de liña expresionista conforman a selección de óleos que presenta a artista brasileira con orixes galegos.

A través das súas creacións transmítenos a súa persoal linguaxe artística, a súa orixinalidade, os seus referentes e o seu sinal único que o espectador poderá contemplar ata o 30 de xuño en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

María Gato naceu en Saõ Paulo, Brasil

ESTUDOS REALIZADOS

-Licenciada en Belas Artes (Especialidade Pintura) pola Universidade de Barcelona, España.

-Bolseira na Escuela Libre del mediterráneo Torrents Lladó. Barcelona, España.

-Bolseira IV Curso Internacional de Pintura e Escultura (Drs. Antonio López García e Francisco López Hernández). Jerez de la Frontera. Cádiz, España.

-CAP – Curso de Aptitude Pedagóxica. Universidade Complutense de Madrid. Madrid, España.

-Colaboradora Honorífica, Departamento de Debuxo (curso 1992-93) Belas Artes, Universidade Complutense de Madrid. Madrid, España.

-Cursos de Doutoramento/Pintura, "La Realitat Assetjada", Universidade de Belas Artes. Barcelona, España.

-DEA/Certificado de Estudos Avanzados, Universidade de Belas Artes. Barcelona, España.

OBRA EN COLECCIÓNS PRIVADAS E ORGANISMOS OFICIAIS

-En coleccións privadas de diversos países de Europa, Latinoamérica, Estados Unidos e África (Exipto e Marrocos).

-E coleccións de organismos oficiais como, por exemplo: Universidade de Barcelona; Teatro de la Ópera, A Coruña; Xunta de Galicia, Madrid; Real Academia de Belas Artes, A Coruña; Deputación de Salamanca.

OBRAS PREMIADAS E GALARDÓNS

2011. Mención de Honra. 6è Premi de Pintura Petit Format Autocugat. Sant Cugat del Vallès, Barcelona.

1998. Primeiro Premio Villa de Cedeira

1990. Segundo Premio Dibusport. Barcelona.

1986. Accesit Torrents Lladó. Barcelona.

1985. Primeiro Premio Torrents Lladó. Barcelona.

1982. Primeiro Premio Ramón Sardá. Barcelona.

Para máis información sobre María Gato e a súa pintura pode consultar na súa páxina web: www.mariagato.com

 

02 Junio 2016
Eventos
Imaxes