Inauguración da exposición de pintura de Mercedes Sánchez-Agustino "Chuneta".
A capacidade de explorar outros ámbitos das artes fan da obra de Chuneta unha experiencia artística onde encontramos trazos de cine, movementos que proveñen da danza e un uso da color con referencias á natureza. A exposición poderá visitarse ata o 29 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
Mercedes Sánchez-Agustino Pita, Chuneta. Pontevedra, 1969.
- Licenciada en Belas Artes. Universidade de Salamanca. 1987-92.
- Cursos de Doutoramento. U.P.V., San Sebastián. 1995-97.
- Bolsa de Creación Artística “ARTELEKU”. Deputación Foral de Guipúzoa. 2006.
- Residencia artística en Arteleku, San Sebastián. 2003-12.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2011 Galería Dua2. Vigo.
2010 Centro Cultural Okendo. San Sebastián.
2008 Centro Cultural Egia. San Sebastián.
VITO 021. San Sebatián.
Galería Inés Barrenechea. Madrid.
2007 Centro Gallego. Santander.
Sala Kutxa Boulevard. San Sebastián.
2006 Galería Dua2. Vigo.
2005 Galería Paloma Pintos. Santiago de Compostela.
Palacio Barrena. Ordizia.
Consellería de Cultura Xunta de Galicia. Ourense y Pontevedra.
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
2011 ARTS ATTACK. Galería Arteko. San Sebastián.
Espacio Atlántico. Vigo.
2010 Espacio Atlántico. Vigo.
2008 Galería Arteko. San Sebastián.
2007 Galería Dua2. Vigo.
Galería Paloma Pintos. Santiago de Compostela.
2005 Galería Paloma Pintos. Santiago de Compostela.
1992 Hispano 20. Santiago de Compostela.
1991 “Nuevos valores”. Museo de Pontevedra.
1989 Casa de las Bolas. Aranda de Duero (Burgos).
Casa de Cultura. Monforte de Lemos (Lugo).
Banco Bilbao Vizcaya. Ponferrada (León).
Os seus cadros, Chuneta, enténdeos como puzzles, onde, de maneira continuada, vai engadindo diferentes colores. Coa pintura seca libera esas cores do seu soporte, extraendo a pintura de diversas formas. Desta maneira consegue que as composicións sexan sempre diferentes, moldeables, podéndoas adaptar a novas formas.
Con esta mesma idea confecciona as súas mallas, que con diversas texturas e cores, e envolvidas en ciclindros, serven de modo decorativo para cubrir estruturas, ou colgalas do teito.
A capacidade de explorar outros ámbitos das artes fan da obra de Chuneta unha experiencia artística onde encontramos trazos de cine, movementos que proveñen da danza e un uso da color con referencias á natureza. Esta actitude receptiva e ávida de estímulos remítenos ao espazo do xogo, onde o entusiasmo ante o descubrimento é ilimitado, verdadeiro e profundo.