Inauguración da exposición de pintura e escultura de Abelardo Manuel Rodríguez López "Zeta"

Eventos
06/05/2012
06/05/2012
05/06/2012

Inauguración da exposición de pintura e escultura de Abelardo Manuel Rodríguez López "Zeta"

-

A arte de "Zeta", pintor expresivo, xestual e enérxico, contén unha gran cantidade de reminiscencias co vivo, co orgánico; rescata a conciencia de estar vivo con tonalidades frías, duras, ríxidas e formas puras e profundas. A exposición poderá visitarse ata o 29 xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Abelardo Manuel Rodríguez López, de nombre artístico “Zeta” é un vínculo entre a elegancia e estética no seu vértice máis puro.

Case unha Arte Povera, tons case sempre fríos, con exultantes e moi casuais pinceladas cálidas tanto en escultura coma en escultopintura definen un artista auténtico con materiais innovadores e ao alcance do mundo actual.

Materia viva e morta, restos materiais da naturaza, cartón, madeira, ferro, plástico, cemento, cola e pigmentos cos que Zeta potencia as luces e as sombras que embelecen os resultados dun longo período de estudio e investigación da forma e os volumes… converte case dende o reciclado unha obra seria, en definitiva de gran calidade artística.

Zeta, trata de provocar unha reflexión entre o obxecto e a súa forma, a través da manipulación do material e a observación das súas calidades específicas, implica así moito esforzo por fuxir da mera especulación do obxecto artístico, ocupa o espazo e invita así á intromisión do público no seu proxecto escultórico.

Utiliza un alto grao de creatividade e esponteneidade e trabilla nunha recuperación da inspiración, enerxía, pracer e ilusión convertida en utopía.

Zeta prefire o contacto directo cos materiais sen significación cultural ningunha, materiais que non importa a súa procedencia, nin uso, que sexan reutilizados ou transformados por este.

Ademais de participar en diversas exposicións individuais e colectivas, formou parte dos seguintes certames: Arte Xoven Galego, de El Corte Inglés, Vigo 1982; IX Premio Nacional de Pintura Adaja, Ávila 1988; Premio Fausto Culebras de Pintura, Cuenca 1991; Premio II Concurso de Villa de Bilbao, Bilbao 1991; Bienal de Arte de Pontevedra-Nuevos Valores- Pontevedra, 1992, 1994; Creadores Ourensanos, Museo Municipal Ourense 1996; Premio de Pintura Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, 1999; Exposición no Museo Municipal de Ourense, 2010.

"Zeta" traballa con restos das materias da natureza tanto viva como morta, pedra, cartón, area, madeira, plástico, ferro, cemento, cola, pigmentos que potencian as luces e as sombras… convertindo case do desfeito unha obra elegante en definitiva, un paso á escultopintura.

05 Junio 2012
Eventos
Imaxes