Inauguración da exposición de pintura e escultura "KONTRAKORRIENTE", de Pilar Santos

Eventos
02/02/2017
02/02/2017
02/02/2017

Inauguración da exposición de pintura e escultura "KONTRAKORRIENTE", de Pilar Santos

-

A personalidade artística de Pilar Santos é inmensa, como o demostran as súas múltiples e variadas manifestacións na música, dominando o manexo de numerosos instrumentos musicais.

É unha excelente ocasión para gozar ata o 26 de febreiro, do infinito caudal imaxinativo que emana da mente de Pilar Santos, a través dos seus pinceis. 

Na pintura de Pilar Santos predominan dúas notas: a cor e o movemento e o humor e a tenrura. Este conxunto de lapis, plumillas, colaxes, acuarelas, óleos e acrílicos xorde de motivos tristes ou xocoso, pero a mirada tenra e divertida da autora dispón os materiais con lixeireza e pracer. A cor, o movemento, o humor e a tenrura son as notas predominantes na obra de Pilar Santos.

A súa obra destaca polo seu desenfado, polo seu gran eclectismo, participando o expresionismo máis feroz como o decorativismo.

Unha visión do mundo moi particular, complexa e contraditoria.

PILAR SANTOS nace na Coruña. Estuda Arte e Cerámica na Coruña e Santiago de Compostela. Piano, solfexo e canto no Conservatorio de Música e Declamación da Coruña. Contrabaixo en Madrid, Aptitudes Musicais e o seu Diagnóstico, UNED, Madrid. Dirixe Departamentos de Música, Debuxo e Pintura en Colexios, Estudos, Museos…, dedícase ao ensino desde moi temperá idade.

02 Febrero 2017
Eventos
Imaxes