Inauguración da exposición de pintura "FUSIÓN DE ESPAZOS", de ARTE GUIGLO
ARTE GUIGLO constitúe un binomio creativo compartido por dúas unidades integradas polos artistas plásticos Guille de la Paz e Gloria López Paz. Desde que comezaron en 2007, o seu camiño enfócase cara á arte, en principio desde a pintura, pero tamén desde a fotografía e as artes plásticas en xeral.
Poderase visitar a súa exposición ata o 30 de xaneiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
ARTE GUIGLO comparte espazos creativos, exposicións, concursos e realizan diferentes obras de arte que se caracterizan por diferentes estilos, impresionistas unhas veces, expresionistas outras, con representacións figurativas ou non; pintan, non o que ven, senón o que lembran ver ou sentir ante unha paisaxe, urbana ou rural, tratando de expresar as sensacións que o mesmo lles produce con distintas chiscadelas á música, a historia, a literatura, ou o humor.
GUILLE DE LA PAZ (Albacete, 1963) empezou a pintar desde a infancia formándose en talleres de pintores locais, ata a actualidade cuxa obra se multiplicou desde a creación de ARTE GUIGLO.
Licenciado en Historia pola UNED e cun Máster en Patrimonio Cultural de Galicia-Norte de Portugal da Universidade da Coruña, sen deixar a súa actividade profesional artística atópase agora inmerso no proceso de investigación da súa tese doutoral nesta universidade galega.
GLORIA LÓPEZ PAZ (Padrón, 1966) exprésase a través do debuxo. Dous feitos contribuíron na súa formación: a súa madriña María López, que lle facilitou os recursos materiais e os seus profesores de debuxo durante o bacharelato.